Federación Galega de Balonmán
02/05/2011 a les 00:00

BOA IMAXE DAS SELECCIÓNS PROVINCIAIS NO CAMPIONATO DE O PORRIÑO

O pasado 21 de abril, con motivo da celebración do VIII campionato de Seleccións Provinciais, as nosas selección desprazáronse ata a localidade pontevedresa de O Porriño para enfrontarse aos combinados de Ourense, Lugo e Pontevedra. Os nosos equipos deron unha boa imaxe tanto dentro coma fóra da pista, aínda que o bo facer dos nosos non tivo a súa recompensa en canto a resultados, si quedou claro que na nosa provincia hai unha gran marxe de mellora e gran proxección de cara a anos próximos. A partir da vindeira semana, o equipo técnico das seleccións xunto coa Delegación Norte e a Dirección Técnica da F.G.B. tratarán de cerrar a programación das seleccións de cara a este segundo semestre, para que estes combinados adquiran unha maior continuidade a nivel de adestramentos e competición; o cal suporá un complemento importantísimo para a mellor formación destes xóvenes talentos.
Dende a Delegación Norte queremos agradecer enormemente o esforzo e traballo realizado polo equipo técnico das diferentes seleccións para que os nenos/as disfutasen en cada partido e adestramento: Eugenio Gómez, Jessica Posse, Igor Dacosta, David Rocha, J. Abel Valcárcel, Ángel Iglesias, Mónica Barreiro,Verónica Canosa e Cristina Caamaño; moita grazas pola vosa adicación e interese.

No arquivo adxunto podedes ver os resultados e clasificacións do Campionato nas distintas categorías.
Nom Mida Data
Veure CPTO. SELECCIONS RESULTADOS E CLASIFICACIONS.pdf 8,85 KB 02/05/2011
0 M'agrada

M'agrada
Segueix tota la informació de la competició al teu mòbil iPhone o Android

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.