Federación Galega de Balonmán
22/03/2015 a las 00:00

CLÍNIC TEÓRICO PRÁCTICO DO DEPORTE BASE: "OS PRIMEIROS PASOS DO PROCESO DE FORMACIÓN TÉCNICO-TÁCTICA

Bos días, ao longo do día de mañá lanzaremos a publicidade do Clínic teórico-práctico de deporte base que levaremos a cabo os vindeiros días 30 e 31 de marzo en Carballo e 1 de abril en Vigo, baixo o título: "Los primeros pasos del proceso de formación técnico-táctica" .

Será un clínic moi práctico e aproveitable para todos os monitores e adestradores da nosa comunidade; así que agradeceríamosvos enormemente que intentedes promocionalo todo o posible, tanto vía web, coma vía mail, xa que seguro que vós chegades a xente que a nós nos costa máis.

Achegámosvos a información relativa ao clínic, calquera dúbida xa sabedes o­nde estamos...
Simplemente destacar, que todos os asistentes interesados, emitiraselle un certificado acreditativo que os liberará de 4 horas presenciais (por día de asistencia ao clínic)  da asignatura “Didáctica de Iniciación ao Balonmán” nos cursos de adestrador nivel I e nivel II que se convocarán en Galicia nos vindeiros meses e que sexan organizados pola FGB.

Aproveito para comunicarmos que en breve vos reenviaremos a planificación do área técnica para esta tempada, simplemente queremos pechar os corpos técnicos das seleccións para que manexedes toda a información sen cambios.

Nombre Tamaño Fecha
Ver CARTEL CLINIC.doc 2,34 MB 22/03/2015
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.