

O Lavadores xoga en casa e o Guardés viaxa a Asturias en busca do ascenso a DH Prata feminina
A Real Federación Galega de Balonmán tamén deu a coñecer hoxe a concesión dos sectores e a súa composición para a a segunda fase da Primeira División Estatal Feminina, na que estará en xogo o ascenso á División de Honra Prata. O Lavadores xogará en Vigo, mentres que o Guardés loitará polo ascenso en Asturias. A fase disputarase os días 12, 13 e 14 de maio e acadarán o ascenso os primeiros clasificados de cada sector e os dous mellores segundos. Así quedan os sectores dos clubs galegos: SECTOR A: VIGOUnión Balonmán Lavadores… Voir plus
Voir

O Ribeiro buscará o ascenso á 1ª Nacional en casa, mentres que o Camariñas xogará en Valladolid
O Departamento de Competicións da Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer a concesión de sedes e composición dos grupos da Segunda Fase da Segunda Nacional Masculina, na que os equipos buscarán o ascenso á Primeira Nacional. O Carnes do Ribeiro organizará o sector A, polo que xogará en casa, mentres que o Conservas Boya Camariñas terá que desprazarse ata Valladolid. En total son seis sectores e acadan o ascenso o primeiro club clasificado de cada grupo e os tres mellores segundos. Esta fase estatal disputarase os días 12,… Voir plus
Voir