Federación Galega de Balonmán
27/03/2017 00:00

A SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA PARTICIPARÁ NO TORNEO HANDBALL FUTURE EN PORTUGAL

A selección galega xuvenil masculina participará no Torneo HandBall Future, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de abril en Maia (Portugal). A convocatoria para este torneo conta con varias novidades con respecto ao equipo que acadou a medalla de prata no Campionato de España xuvenil. O seleccionador fixo estas modificacións para non interferir na preparación dos sectores nacionais, a petición dos propios clubs, o que lle permitirá ademais probar a novos xogadores cara ao próximo ano.  No enlace tedes toda a información sobre o torneo… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
27/03/2017 00:00

RESULTADOS FASE FINAL PROVINCIAL BM7 ABEGONDO 2017

1º Partido: Gas Abegondo - BM Culleredo Almeiras 8-0 (3-2/3-2/5-3/6-4)2º Partido: Abegondo Casa Torreiro - Xiria B 6-2 (7-5/3-0/9-1/3-7)3º - 4º Posto: BM Culleredo Almeiras - Xiria B 6-2 (6-4/4-6/3-2/6-3)1º - 2º Posto: Gas Abegondo - Abegondo Casa Torreiro 2-6 (3-5/4-7/4-5/4-3) Gañador: Abegondo Casa Torreiro

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
22/03/2017 00:00

O 27 DE MARZO, XORNADA DIVULGATIVA SOBRE BALONMÁN PRAIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO

O próximo día 27 de marzo (12:00 horas) celebrarase unha xornada divulgativa sobre balonmán praia no edificio de Deportes da Universidade de Vigo. As charlas serán ofrecidas por Paola González, delegada internacional de balonmán praia; e o colexiado internacional de balonmán praia, Marcos Pérez. O obxectivo desta xornada formativa é captar a novos árbitros de balonmán praia, xa que é unha modalidade moi nova e en continuo crecemento. Será sen dúbida unha magnífica oportunidade para achegarse un pouco máis ao balonmán praia, que… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
22/03/2017 00:00

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA SER SEDE DO VII CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA

O VII Campionato Galego de Balonmán Praia comeza a dar os primeiros pasos. Dende hoxe 22 de marzo queda aberto o prazo para solicitar ser sede da sétima edición do Campionato Galego de Balonmán Praia, que terá lugar no verán de 2017. Todas as localidades ou entidades interesadas en acoller este evento, que reúne a milleiros de deportistas e seguidores durante os meses de xuño e xullo nas praias galegas, deberán solicitalo antes do día 17 de abril enviando un correo a:[email protected] 

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
22/03/2017 00:00

DESIGNACIÓNS AUXILIARES 24/25/26 E 29 DE MARZO 2017

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.