Federación Galega de Balonmán
11/07/2010 at 00:00

MINUTO DE SILENCIO EN TODOS OS PARTIDOS OFICIAIS DO BALONMÁN GALEGO POLO FALECEMENTO DE ALEJANDRO LÓ

Esta fin de semana, en todos os partidos oficiais, gardarase un minuto de silencio en honra de Alejandro López Villaverde, que finou á primeira hora da tarde de hoxe aos 51 anos de idade despois dunha longa enfermidade.
Os restos mortais do adestrador galego foron trasladados hoxe á  sala número 5 do tanatorio Vigo Memorial e está prevista a incineración para o domingo 7 de novembro ás 13 horas.
Alejandro López actualmente directivo da Federación Galega de Balonmán e seleccionador galego absoluto, conta un curriculum envexable, xa que adestrou a Chapela, Academia Octavio e Cangas, e con todos eles logrou ascensos de categoría e grandes éxitos deportivos. Co Cangas incluso logrou clasificalo para Europa por vez primeira na historia do club galego. No pasado mes de maio, e coincidindo coa celebración dun partido da selección galega, a Federación Galega de Balonmán homenaxeou en Cangas ao adestrador vigués coa insignia de ouro e brillantes da institución.
Dende a Federación Galega de Balonmán, facemos chegar un aperta aos familiares do finado e compartimos á súa dor pola perda dun magnífico adestrador, persoa e amigo.
 
 
0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.