Federación Galega de Balonmán
04/07/2011 at 00:00

Éxito de participación no curso de Árbitro/Anotador-Cronometrador de Santiago de Compostela

Onte clausurouse o curso de árbitro/anotador-cronometrador que se levou a cabo dende o 14 de marzo ao 6 de abril en Santiago de Compostela . O curso contou con 28 participantes: adestradores, xogadores, ex-xogadores e xente axena ao mundo do balonmán que asistiron dous días á semana de 21 a 23 horas durante un mes ao Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca para coñecer mais a fondo o regulamento do Balonmán. Os profesores do curso foron Andrés Rosendo (árbitro de 1ª Nacional), Marcos Pérez (árbitro de Div. de Honra Prata) e Nuria Lago (anotadora-cronometradora nacional); os debates xurdidos ao longo das sesións, as sesións de vídeo, os intercambios de impresión ao respecto de distintas xogadas e as anécdotas contadas por parte dos poñentes fixeron do curso unha xuntanza moi productiva e amena o­nde ademáis de profundizar no mundo do balonmán tamén houbo momentos para as bromas e risas.
Os participantes no curso poderán poñer en práctica os seus coñecementos na Liga Universitaria da USC, campionato que se aproveitará para que os alumnos/as comecen a dar os seus primeiros pasos no mundo da arbitraxe.
Dende a Delegación Norte queremos agradecer especialmente a Andrés Rosendo o seu esforzo por facer que o curso se fixese ameno e divertido.
Name Size Date
Look Curso Árbitros.JPG 31.54 KB 04/07/2011
0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.