Federación Galega de Balonmán
04/18/2017 at 00:00
Head

PUBLICADA A CONVOCATORIA DO CURSO DE ADESTRADOR NACIONAL 2017/18 QUE SE CELEBRARÁ EN MEAÑO

A Escola Nacional de Adestradores da Real Federación Española de Balonmán publicou a convocatoria do Curso de Adestrador Nacional 2017/2018 (equivalente ao terceiro nivel da vixente Rinck Convention da EHF) dirixido a alumnos de novo ingreso, cuxa primeira fase terá lugar en Galicia. 

A localidade de Meaño acolle a primeira fase, de carácter puramente presencial, entre o 12 de xuño e o 1 de xullo. Completan o Curso de Adestrador Nacional 2017/2018 unha fase intermedia a distancia, a celebrar en dous períodos, o primeiro en outubro e novembro de 2017, e o segundo en febreiro e marzo de 2018; e unha segunda fase, presencial igualmente, aínda por fixar no calendario. 

O prazo de pre-inscrición no Curso de Adestrador Nacional 2017/2018 expira o 15 de maio. Consulta toda a información sobre o mesmo na convocatoria publicada pola Escola Nacional de Adestradores da Real Federación Española de Balonmán. 
Name Size Date
Look Curso Nacional 2017_2018 Convocatoria Alumnos 1Fase Pontevedra V20170407.pdf 663.94 KB 04/18/2017
0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.