Federación Galega de Balonmán
05/19/2017 at 11:28
Head

Esta fin de semana celébrase a segunda fase dos campionatos de España cadetes masculino e feminino

Esta fin de semana (19, 20 e 21 de maio) celébrase a segunda fase dos Campionatos de España cadete masculino e feminino, en busca das oito prazas que xogarán a fase final na que se decidirá o título de campión de España.Na categoría masculina os nosos representantes son Lalín (que xoga en casa) en Seis do Nadal (Segovia). Na feminina, os conxuntos galegos presentes son Porriño (casa) e Carballal (Xixón).

Cadete feminino. 

O BM Porriño xogará organiza o sector A, no que se enfrontará a Rocasa, BM Zamora e Ereintza Aguaplast. O primeiro partido será hoxe 19 de maio (18:30 horas) contra o Rocasa Gran Canaria.

O Carballal viaxa a Xixón onde terá que disputar o pase á fase final con BM Xixón, Indupime Basauri e Gasóleos Vallejo Fuentes Carrionas. O debú do conxunto vigués será esta tarde (18:00 horas) contra o Basauri.

Cadete masculino.

BM Lalín organiza o sector A coa participación de BM Delicias, Colexio Maristas Auseva e Safa de Madrid. O primeiro partido dos galegos será contra o Maristas ás 21:00 horas. O BM Lalín retransmitirá os partidos en directo por streaming neste enlace.

O Seis do Nadal disputará o grupo D en Nava de la Asunción xunto a BM Nava, BM Astillero e Gran Camping Zarautz. O club galego xogará hoxe contra Astillero ás 17:00 horas. 


Estaremos pendentes de todos eles!!! Moita sorte!!

Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.