Federación Galega de Balonmán
05/27/2017 at 18:51
Head

O Mecalia Atlético Guardés, campión de Liga feminina

O Mecalia Atlético Guardés escribiu hoxe unha páxina de ouro na historia do balonmán galego ao lograr o título da Liga Loterías de Balonmán Feminino.

As guardesas, co pavillón da Sangriña cheo dende unha hora antes, lograron a vitoria contra o KH-t Granollers, nun partido que estivo moi axustado na primeira metade, pero que as galegas lograron romper nos primeiros dez minutos da segunda parte. Así, na Sangriña houbo minutos para todas as xogadoras, festa na grada, moita emoción, bagoas e delicia ao lograr o primeiro título da historia do Guardés, que se fundou hai 50 anos (1967).

A Federación Galega de Balonmán quere felicitar a toda a familia do Atlético Guardés (plantilla, corpo técnico, xunta directiva, afección) por este título baseado no traballo ben feito e no esforzo de todos e cada dos integrantes deste conxunto. Noraboa!

Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.