Federación Galega de Balonmán
04/08/2019 at 10:29 · 1ª AUTONÓMICA MASCULINA
Head

AD CARBALLAL CONSEGUE A SEGUNDA PRAZA PARA A FASE DE ASCENSO A 1ª NACIONAL MASCULINA

O conxunto vigués do AD Carballal acadou a segunda praza adicional para a fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina que ofertaba a Federación Española de Balonmán hai uns días.

Non foi doada a fazaña lograda este sábado nun pavillón do Loureiro a rebosar, onde os do Carballal xogaban como locais fronte a seu rival directo, a S.A.R. de Redondela. O calendario ofrecía unha verdadeira final, entre os dous equipos que loitaban por esa praza.

O encontro comezou moi axustado no marcador, cun tanto ou dous arriba por parte de ambos equipos, e non foi ata a recta final da primeira metade cando os vigueses lograron facerse cunha pequena vantaxe que lles daba aire. Ao descanso, 10:7.

Na segunda metade continou a mesma dinámica. A S.A.R. volveu achegarse no marcador e, tras un final de infarto onde os redondelanos tiveron ata dúas ocasións para empatar, a AD Carballal facíase coa soñada praza por tan so un gol.

Parabéns aos xogadores, corpo técnico, afección e club!

Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.