
DEFINIDOS OS SECTORES ESTATAIS CADETES, CON TRES DELES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Os representantes galegos cadetes femininos e masculinos xa coñecen o seu destino e rivais para a disputa dos sectores estatais da tempada 2018/2019 que se celebrarán do 16 ao 19 de maio. Galicia terá un gran protagonismo, xa que na categoría feminina AD Carballal e BM Cangas xogarán na casa e na masculina, o Cisne tamén disputará o sector ante o seu público en Pontevedra. O Carballal masculino será o único que viaxará (León).
Os conxuntos femininos afrontarán a competición como anfitrións. A AD Carballal acolle en Vigo o sector A donde terán como rivais ao BM Palencia, Puerto del Carmen Lanzarote e ao Arenteknika Kukullaga Etxebarri.
Por outra banda o BM Cangas organizará no Pavillón do Gatañal o sector B donde se enfrontarán ao BM Parla, Smurfit Kappa CBM e ao Balonmán Gijón.
Pola banda masculina o Cisne Colegio Los Sauces será o anfitrión do Sector A que acollerá aos asturianos do Gijón Jovellanos, o Unión BM Pacense e ao Recolectas ATL. Valladolid.
O AD Carballal, como subcampión galego, viaxará ata León para disputar o Sector B donde se encadran xunto a eles o EM BM Astillero, BM Málaga Los Olivos e o EDM Ademar de León A como organizador.
Dende a Federación Galega de Balonmán queremos darlle a noraboa aos clubs, así como ao Concello de Pontevedra, un concello que aposta polo deporte en xeral e en concreto o balonmán, e ao Concello de Vigo, tamén volcado co noso deporte.
Moita sorte a todas e todos!