Federación Galega de Balonmán
05/23/2019 at 09:10
Head

HOXE DAN COMEZO OS SECTORES ESTATÁIS INFANTÍS, CO AD CARBALLAL FEMININO COMO ÚNICO ANFITRIÓN GALEGO

Os días 23, 24, 25 e 26 de Maio os representantes galegos na categoría infantil, loitarán por facerse un oco entre os oito mellores conxuntos de España. 

Na categoría feminina poderemos gozar dun dos sectores con presenza galega na casa. O Sector A organizado pola AD Carballal, como campioa galega, estará dividido en dous grupos. As anfitrioas, encadradas no grupo I, enfrontarase ao CD Vallecas e ao Uribe Urduliz E.  O Grupo II estará formado polo BM Zamora ademais do Oviedo BF CTD. O Domingo os campións de cada grupo xogarán entre sí para conseguir praza na fase final.

O BM Cangas, viaxará ata Cantabria para disputar o Sector B que tamén estará separado en dous grupos.  As galegas, no grupo I, terán que loitar contra as anfitrioas do HBC74 Construcciones e contra o Moya Tilover, para poder disputar a final do domingo fronte ao gañador do Grupo II, que poderá ser o Liberbank Gijón ou o Kukullaga Etxebarri.

No Grupo I do Sector C, que se disputa en Valladolid, teremos a presenza Galega das rapazas da UB Lavadores, que se enfrontrarán ao Colegio S. Agustín e as anfitrioas do Hand Vall. O Domingo de ser campioas do Grupo I, xogarán contra o Academia Alcobendas ou o Pulpo KE para lograr un posto entre os mellores clubs de España. 

En categoría masculina  o AD Carballal terá que desprazarse ata Gijón para xogar o Sector A. Os vigueses terán como rivais aos organizadores do Grupo IMQ, ao BM Delicias e ao Beltzagorri 2005.

Os campións galegos do  BM Culleredo viaxarán ata Aranda do Duero e, ao igual que os conxuntos femininos, disputará un sector que conta con dous grupos. Os de A Coruña están encadrados no Grupo II co BM Iplacea, ao que terá que superar nun dobre encontro para aceder a final do domingo fronte ao campión do Grupo I, que saldrá do triangular entre o BM Villa de Aranda, o Pulpo KE e o Pan Moguer. 

Por último o BM Porriño desprázase a Villafranca de los Caballeros. Encadrado no grupo II do Sector F, terá que loitar nun dobre partido contra o BM Elche para poder xogar o domingo a gran final contra un dos clasificados do Grupo I que poderán ser: o Bahía de Almería, CP Paudeiterion e o BM Villafranca. 

 

Moita sorte a tod@s!

Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.