Federación Galega de Balonmán
06/03/2019 at 09:30
Head

BALONMÁN PABELLÓN OURENSE, CAMPIÓN DA COPA FEDERACIÓN XUVENIL FEMININA E DA MASCULINA DO GRUPO SUR

Fin de semana perfecto para o Balonmán Pabellón Ourense na súa categoría xuvenil. O equipo feminino logrou proclamarse campión da Copa Federación de División de Honra, mentres que o masculino logrou a vitoria na final da Copa Federación da Segunda Autonómica Grupo Sur.

Esta fin de semana celebráronse en Ourense as fases finais da Copa Federación Xuvenil Feminina e Masculina, que reunían na cita aos conxuntos do Pabellón Ourense, BM Lalín, BM Porriño, Atl. Guardés e UB Lavadores.


Na categoría feminina, o sábado celebrouse a semifinal entre o Balonmán Porriño, subcampión galego. e as anfitrioas do Pabellón Ourense, que rematou co triunfo das locais nun emocionante e axustado partido (22-21).  A xornada do domingo comezaba co enfrontamento entre o BM Porriño e o Atl. Guardés, no que se xogaba o terceiro e cuarto posto. As porriñesas fixéronse coa terceira praza cunha contundente vitoria por 17-38.


Desta forma, a final disputáronna as anfitrioas e as rapazas do BM Lalín. Ao igual que no partido pola terceira praza, o encontro non tivo marxe de emoción, xa que as do Pabellón foron moi superiores e conseguiron facerse coa Copa Federación por case dez tantos de diferenza (26-17).


Na competición masculina, BM Pabellón Ourense e UB Lavadores disputaron o sábado 1 de xuño a final da Copa Federación da Segunda División Autonómica Grupo Sur. Un encontro máis axustado que os femininos, aínda que os anfitrións, que viñan de gañar a Copa Deputación, tamén lograron proclamarase campións cun resultado de 33-27.


Noraboa a tod@s!

 


Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.