Federación Galega de Balonmán
06/12/2019 at 12:20
YAIZA ALONSO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS PROMESAS
Yaiza Alonso (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada coa selección española promesa para a disputa dun triple encontro contra a selección de Romania.
A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Pablo Perea para unha cita que terá lugar en Valladolid e Bucarest do 30 de xuño ao 8 de xullo.
Antes de viaxar ata Bucarest e xogar os respectivos partidos contra a selección rumana, as Guerreiras Promesas realizarán unhas xornadas de preparación na Residencia Xuvenil e Deportiva de Íscar.
No documento adxunto tedes a convocatoria e o plan de traballo.
Noraboa Yaiza!