PTV DOMINA NAS CATEGORÍAS MASCULINAS NA PRAIA DE RAEIROS. O BUNGA CAMPIÓN SÉNIOR FEMININO NO SEU DEBUT
A praia de Raeiros, no Grove, foi testigo esta fin de semana da segunda proba do Campionato Galego de balonmán Praia.
O PTV Handstrand proclamábase campión de todas as categorias masculinas. O Conxunto sénior volvíase a enfrontar na final ao seu rival da semana pasada o ZAS de Vigo, e nesta proba a moeda caía do lado dos pontevedreses, un partido intenso de principio a fin, que obrigaba a ambos conxuntos a decidir o encontro nos shoot out.
Na proba feminina, venceu o BUNGA, que gañou neste último choque ao Merengue Cremosso Team. A primeira parte foi bastante doada para as viguesas,máis o segundo tempo, igualado ata o final. decidiuse mediante un tanto das do Bunga a falta de 5 segundos, proclamándoas campioas.
A continuación tedes a clasificación en todas as categorías:
Alevín:
1. BM Cangas A
2. BMP Espartanas
3. Autoescuela Racing PK
Infantil feminino:
1. Veba Water
2. Merengue Cremosso Team
3. Espartanas SAR A
Infantil masculino:
1. Veba Os da Jrada
2. SH
3. BM Chapela
Cadete feminino:
1. BMP Pescados
2. Merengue Cremosso Team SAR
3. AC KALÓ Painkillers
Cadete masculino:
1. PTV HandStrand
2. Veba Os da jrada
3. Servisub Area Bueu
Xuvenil feminino:
1. Magic Veba
2. BMP Pescados
3. Veba baywach
Xuvenil masculino:
1. PTV HandStrand
2. Merengue Cremosso Team
3. Veba Pala
Sénior feminino:
1. El Bunga
2. Merengue Cremosso Team
3. BMP Espartanas
Senior masculino:
1. PTV HandStrand
2. ZAS
3. BMP Panchitos
A do Grove foi a segunda proba do Campionato Galego de Balonmán Praia 2019, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O Galego está formado por cinco torneos clasificatorios (Baiona, O Grove, Bueu. A Guarda e Moaña) e a gran final, que se celebrará na praia de Samil en Vigo do 19 ao 21 de xullo. Para poder clasificarse para a fase final, os participantes deberán participar nun mínimo de tres torneos do Galego. A proba desta semana en Bueu forma parte do Circuíto 1.000 de Balonmán Praia, polo que tamén poderemos gozar cos mellores equipos españois.