A selección galega feminina absoluta xogará esta fin de semana contra República Dominicana en Mos
A selección galega feminina absoluta xogará esta fin de semana (7 e 8 de xullo) contra a selección da República Dominicana en Mos (Pavillóns Óscar Pereiro, 11:30 horas). A selección de República Dominicana está concentrada en Galicia dende o pasado día 30 de xuño e estes días xogou tres partidos amigables contra o BM Porriño. Agora esta fin de semana xogará dous encontros contra a selección galega e o próximo día 11 de xullo enfrontaranse novamente a Galicia en Lalín. No documento adxunto tedes a convocatoria.
LookGuinea gañou a Galicia no amistoso do Porriño
A selección de Guinea venceu á Galicia (20-27) no partido amigable que se disputou hoxe no Porriño, cunha moi boa asistencia de público. A selección galega absoluta foi sempre por detrás no marcador, contra un equipo ben traballado por Clement Petit e moi forte. As distancias na primeira metade chegaron aos catro tantos cos que se alcanzou o descanso. No inicio da segunda metade, as galegas lograron recurtar un pouco as distancias no marcador e estiveron a piques de poñerse a dous tantos, pero nunha acción rápida na que non acertaron en… See more
Look