C. D. ROIS
05/14/2016 at 07:19

BASES V COPA CD ROIS

Normas básicas
1. A Copa C.D. Rois é un torneo de carácter amigable federado que contará con árbitros federados.
2. Para evitar posibles atascos no acceso ao campo da Braña, e no caso de que os equipos acudan en autobús, o delegado do equipo deberá facerllo saber á organización para asignarlle un estacionamento ao autobús no recinto do campo de fútbol.
3. Cada club participante remitiralle á organización a relación de xogadores participantes antes do día 6 de maio, cos datos dos xogadores así como o nome e apelidos, o DNI e o dorsal debidamente cumprimentado. No caso de posibles erros nos nomes e dorsais será responsabilidade do club correspondente.
4. O día do torneo, os delegados dos equipos deberán presentarse na zona de información como mínimo 15 minutos antes do seu primeiro encontro, cos documentos acreditativos dos xogadores (licenza federativa debidamente actualizada) ordenados polo número da listaxe (non se aceptarán fotocopias) e xustificante de pagamento da inscrición.
5. Cada club deberá estar na zona habilitada de quecemento 10 minutos antes de cada encontro para que un membro da mesa comprobe os nomes e dorsais, e así evitar posibles erros na clasificación de máximos goleadores.No caso dun atraso de máis de 5 minutos sobre a hora de comezo do partido, o equipo infractor perderá por 3 goles a 0.
6. Todos os equipos disputarán os seus encontros nos horarios marcados, de non presentarse a algún dos encontros quedará descalificado do Torneo.
7. Permítese un máximo de 15 xogadores por equipo. Os xogadores terán asignado un número, que será fixo durante todo o torneo. Unha vez que comece o torneo non se poderá modificar a listaxe de xogadores.
8. Os equipos só poderán quecer nas zonas habilitadas.
9. Durante os encontros, só poderán estar no banco as persoas acreditadas na listaxe de xogadores e técnicos. Os xogadores suplentes permanecerán sentados no banco. Rógase que non se lles permita ós rapaces xogar cos balóns de reposto preparados para evitar a perda de tempo na restitución daqueles que saian do recinto.
10. O remate de cada encontro, prégase os equipos que abandonen o terreo de xogo coa maior celeridade posible, para respectar os horarios establecidos.
11. Pídese a súa colaboración para que tanto as persoas alleas á organización coma aquelas que acompañen aos equipos que estean xogando (pais e nais principalmente), se coloquen pola parte de fóra dos valados para así facilitar o tránsito dos rapaces.
Regulamento
1. O torneo disputarase na modalidade de Fútbol-8, dacordo co regulamento de xogo para fútbol-8 da Federación Galega de Fútbol, coas excepcións que se sinalan no presente regulamento.
2. No torneo poderán participar os/as nenos/as nacidos:
- BIBERÓN: entre o 01/01/2010 e o 31/12/2011
- PREBENXAMÍN: entre o 01/01/2008 e o 31/12/2009
Copa CDRois 2016
- BENXAMÍN: entre o 01/01/2006 e o 31/12/2007
- ALEVÍN: entre o 01/01/2004 e o 31/12/2005
3. O torneo xogarase no Campo da Braña (herba sintética) ao longo dos días:
-14 de maio as categorías Alevín e Prebenxamín dende as 9 h. da mañá ata as 21,15h
-15 de maio as categorías Benxamín e Biberón dende ás 9h da mañá ás 20,00h.
4. A duración dos encontros de todo o torneo será de 20 minutos corridos, sen descanso nin troco de campo, no cal o saque de inicio será efectuado a modo sorteo polo colexiado. Pasarán á segunda fase todos os equipos da seguinte forma:
COPA DE CAMPEÓNS CDROIS: O 1º e 2º clasificado de cada grupo enfrontándose a modo eliminatoria, segundo os cruces reflectidos no cadro.
CONSOLACIÓN:O 3º e 4º Clasificado de cada grupo enfrontaráse entre si a modo eliminatoria, segundo os cruces reflectidos no cadro.
5. No caso de empate a puntos ao final da primeira fase, terase en conta:
Dobre empate:
1º.- Resultado entre ambos
2º.- Diferenza golaverage xeral
3º.- O que máis goles ao seu favor conseguira
4º.- O que menos goles en contra recibira
5º.- O equipo que menos tarxetas teña
5º.- Se persiste o empate, decidirá o equipo que teña a media de idade máis nova
Triplo empate:
1º.- Maior número de puntos conseguidos nos enfrontamentos entre os 3 equipos empatados.
2º, 3º, 4º, 5º.- Igual que no dobre empate.
6. No caso de empate resolverase cunha quenda de 3 penaltis que se lanzarán de forma alternativa. Se persiste o empate o cuarto lanzador sería o porteiro, de seguir empatados, seguirán lanzando penaltis ata desfacelo. Un xogador non pode volver a lanzar un penalti ata que non teñan tirado todos os seus compañeiros.
7. Haberá trofeos para:
ALEVÍN E BENXAMÍN:
COPA DE CAMPEÓNS CDROIS, Os catro primeiros clasificados (Por categoría)
COPA CONSOLACIÓN, Os Finalistas. (Por categoría)
MÁXIMO GOLEADOR (Por categoría)
A)Será o que máis goles marque en todo o torneo, sexa cal sexa a denominación da Copa (Copa Campións ou Consolación)
B)No caso de empate, será aquel que maís goles marcara en menos partidos.
C)De seguir o empate teríase en conta a denominación da Copa.
D)No suposto que dous ou máis xogadores sigan empatados na mesma Copa, será aquel que máis lonxe chegue no torneo.
E) No suposto de seguir igualados, será aquel que decidan os membros de mesa, que terán en conta todos os méritos realizados o longo do torneo.
Copa CDRois 2016
PREBENXAMÍN
COPA DE CAMPEÓNS, Para os catro primeiros clasificados
COPA CONSOLACIÓN, Os finalistas
MÁXIMO GOLEADOR,
A) Será o que máis goles marque en todo o torneo, sexa cal sexa a denominación da Copa (Copa campións ou Consolación)
B)No caso de empate, será aquel que máis goles marcara en menos partidos.
C)De seguir o empate teríase en conta a denominación da Copa.
D)No suposto que dous ou máis xogadores sigan empatados na mesma Copa, será aquel que máis lonxe chegue no torneo.
E) No suposto de seguir igualados, será aquel que decidan os membros de mesa, que terán en conta todos os méritos realizados ó longo do torneo.
BIBERÓN
COPA DE CAMPEÓNS, Para os seis primeiros clasificados.
MÁXIMO GOLEADOR,
A)Será o que máis goles marque en todo o torneo, sexa cal sexa a denominación da Copa (Copa Campións ou Consolación)
B)No caso de empate, será aquel que máis goles marcara en menos partidos.
C)De seguir o empate teríase en conta a denominación da Copa.
D)No suposto que dous ou máis xogadores sigan empatados na mesma Copa, será aquel que máis lonxe chegue no torneo.
E) No suposto de seguir igualados, será aquel que decidan os membros de mesa, que terán en conta todos ós méritos realizados o longo do torneo.
Ó resto de equipos, a organización da V Copa CD Rois obsequiaráos cun trofeo en agradecemento pola súa participación nesta edición.
8. No caso de coincidencia no uniforme dos equipos contendentes, e salvo mutuo acordo, verase obrigado a trocar de equipamento ou a xogar con petos, aquel que figure no calendario como visitante. Os petos estarán a disposición do equipo que os precise na mesa correspondente.
9. A participación no torneo implica a aceptación deste regulamento, e o club participante comprométese a cumprir as normas establecidas no mesmo, responsabilizándose de todas as lesións, accidentes ou actuacións nas que participen xogadores, técnicos, delegados e persoal acreditado polo club.
10. Calquera acto de carácter antideportivo por parte de calquera equipo (adestradores, pais/nais ou xogadores) poderá supoñer a expulsión inmediata da Copa CD Rois.
11. A Organización non se responsabiliza de posibles roubos ou extravíos o longo da V Copa CD Rois
12. No caso dalgunha incidencia non reflectida neste regulamento, a organización resérvase o dereito a tomar as decisións que considere oportunas para o bo funcionamento do torneo.


A ORGANIZACIÓN.

0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.