Federación Galega de Balonmán
19/03/2017 às 00:00

AS GUERREIRAS JÚNIOR COMPLETAN UNHA FASE INMACULADA EN CARBALLO

Vitoria de España sobre Lituania (27:19, 15:11 no descanso) no Vila de Noia de Carballo, na terceira e última xornada da fase clasificatoria para o Campionato de Europa de Eslovenia 2017. Resultado que certifica a excelencia do combinado español nesta rolda previa á cita continental do próximo verán.

Compromiso no que o combinado español sufría o empuxe de Lituania nos primeiros minutos, algo que sucedeu no resto de partidos do equipo báltico en Carballo. Pero, superada a franxa do minuto 10 da primeira parte, a lóxica imperou sobre o 40x20 da cancha galega e o conxunto de Jorge Dueñas facíase co control do marcador.

Lonxe do nivel de intensidade de partidos pasados, Lituania era capaz de nivelar a balanza e obrigar a Dueñas a deter o reloxo e arengar ás súas. E España non ía tardar en espertar, a par de que Lituania perdía ao seu mellor xogadora, Ivanauskaite, por sufrir tres exclusións en menos de 22 minutos. O equipo español, a partir de aí, atropelaría ao seu opoñente para alcanzar o intermedio con 4 goles de renda.

O regreso a pista de ambos os equipos terminou por decantar o partido a favor das mozas españolas. E é que un 7:3 nos primeiros minutos dobregaría a moral das tropas bálticas que, sen o seu mellor efectivo, perdía moita potencia en ataque. Así, o partido careceu da intensidade dos seus predecesores, xa que entrou nun intercambio de golpes que finalizaría con vitoria por 27:19 a favor do conxunto hispano.

Finalmente, xunto a España, os equipos clasificados para a fase final do Campionato de Europa de Eslovenia 2017 son Eslovenia en calidade de organizador, Rusia e Dinamarca polos seus resultados na EURO 2015 xuvenil, e os combinados nacionais que entran por medio da fase clasificatoria: Hungría, FYR Macedonia, Romanía, Francia, Montenegro, Croacia, Países Baixos, Suecia, Serbia, Portugal, Noruega e Alemaña. Resta por coñecer, de man da EHF, a data do sorteo da fase final, á que España accede como primeiro clasificado do Grupo 2.

España (27:19) Lituania
España (15+12)
Janna Sobrepera (1), Magdalena Fernández-Agustí (1), Eli Cesareo, Estitxu Berasategui, Rocío Rojas (6), Paula Alonso, Elena Cuadrado (1), Ana González (3), Carmen Prelchi (1), Aina Fernández, Lorena Zarco (7), Belén Sáez (1), Ona Vegué (4), Cristina Polonio (2), Sandra López, Nicole Morales.

Lituania (11+8)
Kripaityte, Zenkovaite, Ivanauskaite, Spone, Dzeverakaite (4), Muzikeviciute, Zenkovaite (2), Sliupaite, Aglinskaite (1), Rinkeviciute (9), Giedryte, Tolvaisaite, Abrutyte (1), Sadauskaite (2).
Nome Tamanho Data
Ver _ABS9726.JPG 47.68 KB 19/03/2017
0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.