Federación Galega de Balonmán
18/03/2017 às 00:00
Cabeçalho

A SELECCIÓN ESPAÑOLA JÚNIOR FEMININA ACADA EN CARBALLO A SEGUNDA VITORIA E A CLASIFICACIÓN PARA O EU

España certificou o seu billete para a fase final do Campionato de Europa de Eslovenia 2017 ao derrotar a Islandia (22:14, 9:6 no descanso) no Vila de Noia de Carballo, na segunda xornada da rolda clasificatoria para a cita continental do próximo verán. Resultado que, á súa vez, asegura a primeira praza do Grupo 2 para o combinado español, algo que comporta, sobre o papel, un mellor lugar no sorteo da fase final. 

Compromiso no que o nerviosismo foi protagonista nos primeiros minutos para ambos os conxuntos. España asumía o control do marcador desde o principio pero con rendas escasas, algo que permitía a Islandia entrar no partido. Nicole Morais, con todo, impedía ao seu opoñente equilibrar o resultado con paradas de enorme mérito. Lonxe da efectividade de onte, Islandia tiña que recorrer á dureza defensiva para frear á atacantes españolas, algo que provocaría a descualificación de Thorsteinsdottir aos 18 minutos de partido por recibir tres exclusións. Oportunidade que o equipo español non ía deixar escapar, e que provocaría unha brecha de 3 tantos que conservaría ao termo da primeira parte. 

O regreso a pista no segundo acto seguiu un patrón moi similar, con España moi intensa en defensa e Nicole Morais fina en portería. Islandia buscaría a forma de reducir a brecha no marcador, pero as súas baixas cifras de efectividade en ataque imposibilitaron todo tipo de remontada. O conxunto de Jorge Donas, apoiado nunha Janna Sobrepera magnífica, foi capaz de manter a renda e terminar de romper o partido para, ao cabo, lograr unha clara vitoria que clasifica a España para o Campionato de Europa de Eslovenia 2017 e que, ademais, asegura a primeira praza do Grupo 2. 

Romanía, pola súa banda, conseguía unha cómoda vitoria (31:26) no primeiro partido da tarde ante Lituania. Mañá, islandesas e romanesas cruzan os seus camiños pola praza restante para xogar o Campionato de Europa de Eslovenia 2017 o próximo verán.

España (22:14) Islandia
 
España (9+13)
Janna Sobrepera (5), Magdalena Fernández-Agustí (2), Eli Cesáreo (2), Estitxu Berasategui, Rocío Rojas (1), Paula Alonso, Elena Cuadrado, Ana González (5), Carmen Prelchi, Aina Fernández, Lorena Zarco (4), Belén Sáez (1), Ona Vegué (2), Cristina Polonio, Sandra López, Nicole Morales.

Islandia (6+8)
Johannsdottir, Thorsteinsdottir, Arnarsdottir, Thordardottir (2), Arinbjarnar (1), Ingvardottir (1), Valdimarsdottir (6), Jacobsen (2), Erlingsdottir, Eradze, Gisladottir, Gudjonsdottir, Thompson (2), Benediktsdottir, Gunnarsdottir, Gudmundsdottir.   
 
0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.