Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 09:48

Aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en balonmán

Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en  balonmán, que se desenvolve no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. A Xunta publicou no DOG que o prazo para realizar estas probas de acceso permanecerá aberto do 10 de xuño ao 10 de xullo e a inscrición pode realizarse na secretaría do centro (Avenida Raíña Víctoria Uxía s/n). Esta titulación está reglada e recoñecida pola Administración e as persoas que o realicen disporán dun ciclo medio. O ciclo medio consta de dous niveis… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
15/06/2019 19:58

MAÑÁ DISPUTARANSE AS FINAIS DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

Xa se coñecen os finalistas do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os favoritos cumpriron neste primeiro torneo. Mañá na final feminina (13:15 horas) enfrontaranse AC Kalo Painkillers e Veba WaterFuckers, mentres que na masculina (14:00) xogarán Zas e PTV Handstrand. Na categoría feminina sénior, AC Kalo Painkillers superou na semifinal ao Merengue Cremosso, mentres… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
15/06/2019 10:58

Álvaro Preciado, convocado para a fase de preparación do Mundial Xuvenil

Álvaro Preciado (Cisne Balonmán) forma parte de lista de 16 xogadores convocados por Alberto Suárez, preparador dos Hispanos Xuvenís, para iniciar a preparación do Mundial Xuvenil de Macedonia do Norte 2019, que se disputará do 6 ao 18 de agosto. Dita preparación realizarase en España e quedará distribuída en tres fases de aproximadamente 10 días de duración cada unha, nos que se inclúe a celebración de 4 partidos internacionais contra Eslovaquia e Hungría. O seleccionador nacional citou aos mozos o 28 de xuño en Málaga para partir… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
13/06/2019 14:35

ESTA FIN DE SEMANA COMEZA O CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA CO TORNEO DE BAIONA

Esta fin de semana (do 14 ao 16 de xuño) celebrarase o Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Serán tres días de competición nos catro campos dispostos na praia de Ladeira e con 70 equipos inscritos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), e nos que poderemos gozar cos mellores conxuntos galegos de balonmán praia.… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 15:42

ROBERTO CASTRO PARTICIPARÁ NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA RFEBM

Roberto Castro, do Balonmán Porriño, foi convocado pola área técnica da Real Federación Española de Balonmán, para participar nas xornadas de tecnificación de xogadores nados no ano 2005. Os xogadores deberán presentarse na Estación de Atocha o día 13 de xullo (ás 13:00 horas) e dende aí partirán en autobús cara a Burgos, onde se celebrará a concentración ata o día 18 de xullo na Residencia Universitaria Camino de Santiago. Moita sorte Roberto!

Ver
0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.