Federación Galega de Balonmán
04/01/2011 a les 00:00

AS SELECCIÓNS GALEGAS XUVENÍS GAÑAN NA SEGUNDA XORNADA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Boa xornada para as seleccións galegas xuvenís que están a disputar o Campionato de España en León. Tanto o equipo masculino coma o feminino gañaron por un gol de diferencia a Asturias, e a súa clasificación para a seguinte fase (se non se producen resultados inesperados) parece máis que probable. Mañá o equipo feminino xogará contra Valencia e o masculino contra Castela a Mancha.
 
 
A selección feminina necesitaba gañar a Asturias para manter a categoría e lograr o pase para a seguinte fase, despois da derrota do día anterior contra un dos favoritos (Castela e León). As rapazas tiveron un partido moi apertado, con distancias moi curtas no marcador durante todo o encontro. Conseguiron chegar con dous goles a favor ao último minuto do partido e a pesares de que as asturianas lograron achegarse a un gol, foi xa nos segundos finais e non houbo tempo para sufrir. Con esta victoria, e a espera de que remate a primeira fase, Galicia ten moitas posibilidades de acadar a terceira posición, por diante de Asturias (21-20). Desta forma, lograría manter a categoría e ver o cruce que lle corresponde nos cuartos. Mañá día 5 de xaneiro Galicia xogará contra Valencia.
Na categoría masculina, Galicia gañou o primeiro partido e repetiu hoxe contra Asturias (22-23), aínda que tivo que sufrir. Durante o partido, os galegos ían por diante no marcador con dous ou tres goles de vantaxe, pero os asturianos acadaron o empate a falta de 20 segundos. O adestrador galego solicitou tempo morto para preparar a última xogada (cun xogador menos no campo) e os galegos lograron o gol da victoria a falta de dous segundos para o final. Gran alegría para o conxunto galego que con estes catro puntos, está clasificado para a seguinte fase. Falta por decidir, eso sí, a posición, que determinará o cruce que lle corresponda en cuartos. Mañá, Galicia xogará contra Castela a Mancha.
0 M'agrada

M'agrada
Segueix tota la informació de la competició al teu mòbil iPhone o Android

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.