Federación Galega de Balonmán
15/11/2016 a les 00:00

Acta da Reunión Provincial de Clubes do 14 de novembro 2016

ACTA - (14/11/2016)En A Coruña, sendo as oito e media da tarde do día catorce de Novembro de2016, reúnense os seguintes asistentes na sede social do Balonmán Ártabro, para tratar aorde do día previamente enviada aos clubs:
ASISTENTES:Bruno López Molina: Delegado A CoruñaLaura Barrio Balseiro e Mª del Carmen Martínez Otero: Representantes BM NarónIván Pan Mata: Representante Bm Arteixo e Bm Culleredo.Eugenio Gómez Abal: Representante do Club Balonmán ÁrtabroAlejandro Seijo Rivas: Representante do Bm Oleiros.José Porras Pose: Representante do OAR.Jairo Bello Vidal e Juan J. Fernández Romero: Representantes EM Abegondo.Óscar Marrero García: Representante Liceo.Miguel A. Barbeira García e Juan C. Lois Pastoriza: Representantes BM Xallas.
Ábrese a reunión:Bruno López deu a benvida e desculpou aos clubs: Pontedeume, Ribadosar, Arteixo e EM Xiriaque avisaron da imposibilidade de asistir á reunión. Máis tarde comezou coa orde do día:LICENCIAS: Bruno López realizou un breve resumo da situación actual do proceso detramitación de licencias facendo especial mención a que nas categorías provinciais tan só catro clubs teñén enviada toda a documentación en tempo e forma para realizar os trámites necesarios para federar a todos os xogadores, Bruno López rogou a todos os presentes que nun prazo máximo de 7 días intenten pechar o tema, xa que de non ser así o comité de competición terá que actuar. Tamén se desculpou cos clubs que cumpliron en tempo e forma polo retraso na impresión das licencias, xa que por mor dos cambios que está a sufrir a delegación este proceso está a levar máis tempo do esperado. Con respecto ás licencias de categoría provincial deixouse claro que os clubs que teñan equipos en balonmán 7 e balonmán 5, deben tramitar as licencias dos equipos de Balonmán 5 e enviar un listado dos integrantes dos equipos de Balonmán 7.Insistiuse nos últimos mails recibidos dende a central de Vigo requerindo documentaciónrelativa aos clubs que participan nas competicións de 2ª Infantil Masculina e Feminina;deixando claro que si a documentación destas categorías non está completa antes do mércores 23 de novembro, darase traslado ao comité de competición. Bruno López pediu por favor que non se envíen mails con documentación incompleta, que se espere a completar e despois se envíe co obxetivo de facilitar a tramitación das licencias.
COMPETICIÓN E MUTUALIDADE PREBENXAMÍN: Bruno López solicitou aos clubs que envíen por mail un listado dos xogadores prebenxamíns, xa que a delegación de A Coruña será a encargada de mutualizalos.En canto á competición, trasladou a dificultade para realizar unha comptición de carácter regular na que coincidan os desprazamentos de varias categorías debido ao gran número de partidos que hai cada fin de semana en cada sede de minibalonmán, deixando claro que a posibilidade máis factible era facer coincidir a competición coa de Balonmán 7.Jairo Bello falou da importancia desta competición, comentando que aínda que non se realicen moitas xornadas si é importante que os nenos e nenas compitan. Fran Puga insitiu no espírito da competición, insistindo que a principal finalidade é a diversión dos máis pequenos, por eso debe haber máis persmisibilidade no regulamento e non supor un gasto engadido aos clubs, na medida do posible debe facerse coincidir con outras categorías.
Bruno López comentou que a previsión de equipos era de 13 (9 Este e 4 Oeste):
1. Galán2. Culleredo A3. Culleredo B4. Abegondo A5. Abegondo B6. Liceo A7. Liceo B8. OAR9. Ártabro10. Calvo Xiria A11. Calvo Xiria B12. Camariñas A13. Camariñas B
Finalmente a maioría dos asistentes aprobaron a mesma normativa da tempada 2015/16 edeixaron en mans da delegación o envío dunha proposta de competición que aínda que nonrespete un formato claro sí asegure unha xornada cada mes o máis atractiva posible. BrunoLópez comprometiuse a enviala a finais desta semana tras realizar un estudio dos calendarios.COPA BENXAMÍN BM 7: Bruno López comentou que esta competición ofertouse porquehabía clubs que a demandaban, pero que este ano o número de inscritos era de 4 equipos e tendo en conta que a final autonómica desta categoría se disputará no formato de minibalonmán creía que era mellor esperar ao mes de marzo para retomar o tema, xa que a competición de minibalonmán remata moi tarde e ao mellor realizando unha xornada por concentración hai mais equipos interesados en participar. Por unanimidade se aceptou a proposta, aínda que Abegondo e Ártabro deixaron clara que a eles sí lles parecía interesante esta competición.
SITUACIÓN ARBITRAXES 16/17: Bruno López presentou un breve informe da situación arbitral actual na provincia elaborado por Aurelio F. Barreiro (responsable desta área ); ademáis comentou o comunicado sacado pola federación deixando claras as diferencias entre os árbitros do comité galego de árbitros e os do proxecto Colabora; o delegado aproveitou para solicitar colaboración dos presentes para levar a cabo este proxecto, que aínda que non terá unha compensación económica directa por parte da federación para os que participen nel, si tratará de vender o mundo arbitral dende unha perspectiva diferente e máis próxima aos adestradores, a resposta dos presentes foi moi boa, opinando e ofrecendo axuda, aínda que se deixou clara a dificultade para atopar xente; algún dos presentes comentaron que os seus clubs posiblemente lle abonasen unha cantidade por partido aos membros do proxecto que arbitren as xornadas de alevín e benxamín. O proxecto presentarase ao longo desta semana.
PROBLEMAS HORARIOS GRUPO ESTE (ALEV/BENX): Laura Barrio abriu este tema deixando claro que depois dos último acontecementos, Narón solicitaba ser sede dalgunha das xornadas que restan de competción, os presentes apoiaron a proposta e clubs coma: OAR, Abegondo e Culleredo facilitaron a cesión dunha das súas xornadas en caso de ser necesario.
Bruno López quedou pendiente de revisar o calendario e modificar as sedes para que Narón e Pontedeume poidan celebrar alguna xornada.Juan Fernández pediu seriedade por partes dos clubs en canto aos acordos tomados na reunión preparatoria das competicións sobre todo no referente aos horarios. Bruno López agradeciu ao Liceo e a EM Abegondo as facilidades aportadas para resolver os problemas da semana anterior.
Dende a delegación por petición dalgúns clubs ofreceuse a posibilidade de xogar os venresnalgunhas competicións, proposta que foi rexeitada por unanimidade a non ser que haxa acordo entre os clubs implicados. Dende o OAR solicitouse información ao respecto do horario que afecta ao seu equipo de 2ª Infantil Masculina no encontro contra Ferrolterra por icumplir a normativa; Bruno López quedou de arranxalo ao día seguinte falando con Ferrolterra.
ROGOS E PREGUNTAS: Tratáronse temas individuais e de xeito privado ao remate da xuntanza. Ás 22:20 pechouse a sesión.A Coruña, a 14 de novembro de 2016
Bruno López Molina(Delegado Provincial A Coruña da FGB)
0 M'agrada

M'agrada
Segueix tota la informació de la competició al teu mòbil iPhone o Android

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.