Federación Galega de Balonmán
17/04/2017 a les 00:00
GRAN EXPERIENCIA PARA A SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA NO TORNEO INTERNACIONAL HANDBALL FUTURE D
A selección galega xuvenil masculina participou esta pasada fin de semana no Torneo Internacional HandBall Future, que se celebrou en Maia (Portugal). O combinado galego sumou unha vitoria, un empate e dúas derrotas e rematou a competición na oitava posición.
Ademais da experiencia deportiva, que pèrmitiu aos nosos rapaces competir con grandísimos conxuntos, o torneo de Maia foi unha gran experiencia persoal (a nivel de convivencia) e tamén técnica, xa que puideron participar nun clinic con grandes profesionais do balonmán a nivel español e portugués. Na selección galega había moitas novidades provocadas polos sectores nacionais que están a piques de comezar para os nosos clubs.
Os resultados foron os seguintes:
Galicia, 20 - ABC, 30
Portugal, 40 - Galicia, 21
Galicia, 28 - Maia, 26
Galicia, 25 - Aguasantas, 25