Federación Galega de Balonmán
03/05/2013 a les 00:00
PROGRAMACIÓN DA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL CADETE FEMININO
A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer os horarios da segunda fase ou fase zonal do Campionato Estatal Cadete Feminino da tempada 2012/13, que se disputará entre os días 10 e 12 de maio. O grupo A celebrarase en Vigo, coa participación do BM Lavadores, Zamora, Alcobendas e Canarias. No sector B, que se celebrará en Asturias, participará o outro conxunto galego, o BM Porriño.
A continuación, podedes descargar a programación horaria dos oito sectores.