
Federación Galega de Balonmán
25/05/2017 a les 09:30
O día 10 de xuño, Campionato Galego Máster 2017 en Ourense
O próximo día 10 de xuño celebrarase en Ourense o Campionato Galego de Máster 2017 coa participación de dez equipos.
Na categoría masculina haberá unha importante participación, xa que loitarán polo título un total de oito equipos: BM Rasoeiro, BM Cañiza, V. Meaño, Bueu Atlético, BM Lucus, ADC Descubriendo Lugo, ADC Ribeiro e C. Amigos BM Ourense.
Na categoría feminina os participantes son Sarillas Redondela e UBT Pontevedra.