
Federación Galega de Balonmán
09/08/2017 a les 10:52
A Supercopa feminina, co Guardés, celebrarase en Vigo o día 2 de setembro
Vigo acollerá o día 2 de setembro a XVIII Supercopa de España feminina, na que o Mecalia Atlético Guardés debutará como presente campión de Liga. Este título decidirase entre o último gañador da liga Loterías de Balonmán Feminino, o Mecalia Atlético Guardés, e o Rocasa Gran Canaria ACE, conquistador da XXXVIII Copa de S. M. a Raíña en Porriño.
Con este partido comeza a tempada 2017/2018, que pon en liza o primeiro título da campaña no panorama feminino español, e que acolle o Complexo Deportivo das Travesas de Vigo o 2 de setembro, ás 18:00 h., coas cámaras de Teledeporte alí presentes.