Federación Galega de Balonmán
04/06/2019 a les 11:39
Capçalera

Aitana Santomé, convocada para a disputa do Europeo Júnior en Hungría

Aitana Santomé (BM Porriño) forma parte da convocatoria definitiva da selección española júnior feminina para a disputa do Campionato de Europa en Györ (Hungría) do 11 ao 21 de xullo.

No mes de marzo Aitana foi convocada por vez primeira por Imanol Álvarez no grupo de 16 e xa entón soñaba coa posibilidade de ir ao Europeo, E agora, co seu traballo, o soño  é unha realidade. A galega está na lista definitiva para o Europeo e a súa preparación previa.

Así, o grupo está convocado o día 27 de xuño en Madrid. O combinado español estará concentrado en Pinto e participará no Torneo IV Nacións que se disputará en Portimao (Portugal) do 5 ao 7 de xullo, coa participación de España, Alemaña, Portugal e Francia.

No documento adxunto tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Noraboa Aitana e moita sorte!!


Nom Mida Data
Veure 20190627 JUF3 Convocatoria.pdf 605,79 KB 04/06/2019
0 M'agrada

M'agrada
Segueix tota la informació de la competició al teu mòbil iPhone o Android

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.