Rodosa, novo patrocinador do Mundial Júnior
Contamos cun novo colaborador para o Mundial Júnior! Rodosa será un dos patrocinadores do Mundial de Vigo e Pontevedra, grazas ao acordo de colaboración asinado entre a empresa viguesa e a Federación Galega de Balonmán.
Tal e como establece o acordo, Rodosa porá coches e furgonetas para os traslados de personal de organización e IHF. Na imaxe, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López Molina; o xerente de Rodosa, David Romero, e o responsable de marketing da empresa, Adrián Teixeira, trala sinatura do convenio.
Seguimos sumando esforzos para facer o mellor Mundial!
Grazas Rodosa!!!