
AD CARBALLAL INFANTIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA
Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, seguindo a estela do conxunto xuvenil, clasificarse para a fase final do campionato de España infantil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este xoves cunha doada vitoria fronte ao Centro Deportivo Vallecas. Tras a xornada de descanso na primeira fase do grupo I, o sábado, as galegas acadaban o pase á final do domingo cun contundente 27:18 fronte ao Uribe Urduliz Eskubaloia. Onte, co Pavillón do Loureiro como testemuña, as anfitrioas convertíanse… Veure més
Veure
HOXE DAN COMEZO OS SECTORES ESTATÁIS INFANTÍS, CO AD CARBALLAL FEMININO COMO ÚNICO ANFITRIÓN GALEGO
Os días 23, 24, 25 e 26 de Maio os representantes galegos na categoría infantil, loitarán por facerse un oco entre os oito mellores conxuntos de España. Na categoría feminina poderemos gozar dun dos sectores con presenza galega na casa. O Sector A organizado pola AD Carballal, como campioa galega, estará dividido en dous grupos. As anfitrioas, encadradas no grupo I, enfrontarase ao CD Vallecas e ao Uribe Urduliz E. O Grupo II estará formado polo BM Zamora ademais do Oviedo BF CTD. O Domingo os campións de cada grupo xogarán entre sí… Veure més
Veure

DEFINIDOS OS SECTORES ESTATAIS CADETES, CON TRES DELES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Os representantes galegos cadetes femininos e masculinos xa coñecen o seu destino e rivais para a disputa dos sectores estatais da tempada 2018/2019 que se celebrarán do 16 ao 19 de maio. Galicia terá un gran protagonismo, xa que na categoría feminina AD Carballal e BM Cangas xogarán na casa e na masculina, o Cisne tamén disputará o sector ante o seu público en Pontevedra. O Carballal masculino será o único que viaxará (León). Os conxuntos femininos afrontarán a competición como anfitrións. A AD Carballal acolle en Vigo o sector A… Veure més
Veure
AD CARBALLAL XUVENIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA
Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, por segundo ano consecutivo, clasificarse para a fase final do campionato de España xuvenil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este venres fronte ao BM Rocasa, onde acadaron unha vitoria por tres tantos. Máis doada foi o triunfo do sábado con un contundente 34-21 ante as extremeñas do Calamonte. Onte, nun pavillón a rebosar, as de Javier Castro convertíanse en campioas do sector A mediante un empate fronte ao BM Ikasa Madrid que soubo a vitoria,… Veure més
Veure

AD CARBALLAL, BM LALÍN E BM PORRIÑO BUSCARÁN A CLASIFICACIÓN PARA A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO
Chegou o momento da verdade para AD Carballal, BM Lalín e BM Porriño xuvenil feminino. Carballal e Lalín xogarán os seus sectores nacionais como locais, mentres o BM Porriño viaxará ata Ciudad Real. O obxectivo: Clasificarse para a fase final do Campionato de España, onde só estarán os oito mellores equipos (pasa o primeiro de cada grupo). O Pavillón do Loureiro acolle o Sector A onde a AD Carballal enfrontarase como primeiro clasificado galego ao BM Rocasa canario, ao IKASA BM madrileño e ao ED. BM Calamonte extremeño. Por outra banda… Veure més
Veure