ACANOR NOVÁS, CAMPIÓN DA COPA FEDERACIÓN
Acanor Novás proclamouse o domingo no Rosal campión da Copa Federación, ao superar na final ao Hierros Miguel Seis do Nadal por 30-32. O Seis do Nadal mandou nos primeiros minutos do choque, ata que no minuto quince, o Acanor acadou o empate (7-7) e a partir dese intre estivo sempre por diante no marcador. Ao descanso, 14-18. Na segunda metade o Novás logrou unha vantaxe máxima de sete tantos (17-24), que o Seis do Nadal foi recortando, pero sen posibilidades de darlle a volta ao marcador. Ao final, vitoria para o Acanor por dous goles (30-32).
VeureO 29 DE ABRIL, CLINIC DA COPA DA RAÍÑA CON CARLOS VIVER
O próximo día 29 de abril celebrarase no Porriño o Clinic da Copa da Raíña, que será impartido polo seleccionador nacional absoluto feminino, Carlos Viver. A ponencia do seleccionador tratará sobre "a intencionalidade do traballo táctico colectivo en ataque 6:0". A asistencia a este clinic conta con créditos por parte da Real Federación Española de Balonmán. Todas as persoas interesadas poden inscribirse enchendo a folla de inscrición que tedes adxunta. Máis información en: [email protected] Día: 29 de abrilHora: 10:00 horasLugar:… Veure més
VeureXA ESTÁN Á VENDA AS LOCALIDADES PARA A COPA DA RAÍÑA 2017
Xa están a venda as localidades para a Copa da Raíña, que se celebrará no Porriño entre os días 29 de abril e 1 de maio coa participación dos conxuntos galegos BM Porriño e Atlético Guardés. Podedes mercar as entradas a través deste Marca Entradas ou ben na sede da Federación Galega de Balonmán (de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas) e nas oficinas do Balonmán Porriño (de 18:00 a 22.00 horas, de luns a venres e os sábados durante os partidos). Os prezos das localidades son os seguintes:Xornada sábado… Veure més
Veure