PUBLICADA A CONVOCATORIA DO CURSO DE ADESTRADOR NACIONAL 2017/18 QUE SE CELEBRARÁ EN MEAÑO
A Escola Nacional de Adestradores da Real Federación Española de Balonmán publicou a convocatoria do Curso de Adestrador Nacional 2017/2018 (equivalente ao terceiro nivel da vixente Rinck Convention da EHF) dirixido a alumnos de novo ingreso, cuxa primeira fase terá lugar en Galicia. A localidade de Meaño acolle a primeira fase, de carácter puramente presencial, entre o 12 de xuño e o 1 de xullo. Completan o Curso de Adestrador Nacional 2017/2018 unha fase intermedia a distancia, a celebrar en dous períodos, o primeiro en outubro e novembro… Veure més
VeureGRAN EXPERIENCIA PARA A SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA NO TORNEO INTERNACIONAL HANDBALL FUTURE D
A selección galega xuvenil masculina participou esta pasada fin de semana no Torneo Internacional HandBall Future, que se celebrou en Maia (Portugal). O combinado galego sumou unha vitoria, un empate e dúas derrotas e rematou a competición na oitava posición. Ademais da experiencia deportiva, que pèrmitiu aos nosos rapaces competir con grandísimos conxuntos, o torneo de Maia foi unha gran experiencia persoal (a nivel de convivencia) e tamén técnica, xa que puideron participar nun clinic con grandes profesionais do balonmán a nivel… Veure més
VeureAPÚNTATE AO XI CAMPUS DE TECNIFICACIÓN DE BALONMÁN JUAN DE DIOS ROMÁN
Xa está aberto o prazo de inscrición para a undécima edición do Campus de Tecnificación de Balonmán Juan de Dios Román que se celebrará do 25 de xuño ao 2 de xullo na comarca do Salnés. Este campus está aberto para nenas e nenos nados entre os anos 1999 e 2005, que poderán gozar do balonmán e de moitas actividades máis de lecer e entretemento durante sete días cheos de deporte, ocio e grandes momentos. Tedes toda a información sobre o Campus Juan de Dios Román no seguinte enlace: Campus JDR
VeureA SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA PARTICIPA NO TORNEO HANDBALL FUTURE EN PORTUGAL DO 13 AO 15 DE
A selección galega xuvenil masculina participará no Torneo Internacional HandBall Future, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de abril en Maia (Portugal). A convocatoria para este torneo conta con varias novidades con respecto ao equipo que acadou a medalla de prata no Campionato de España xuvenil. O seleccionador fixo estas modificacións para non interferir na preparación dos sectores nacionais, a petición dos propios clubs, o que lle permitirá ademais probar a novos xogadores cara ao próximo ano. Nos documentos adxuntos tedes a… Veure més
VeureCARBALLAL DISPUTARÁ A SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL XUVENIL FEMININO EN VIGO, MENTRES QUE BM PO
O A.D. Carballal disputará a segunda fase do Campionato Estatal Xuvenil feminino en casa, mentres que o BM Porriño terá que desprazarse ata Madrid. O departamento de Competicións da Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer hoxe os sectores, que se celebrarán os días 21, 22 e 23 de abril. O campión de cada un dos sectores acada a clasificación para a fase final. O Carballal disputará o sector A en casa (Vigo) e terá que enfrontarse a BM Zamora (1º de Castela e León), Puerto del Carmen (2º de Canarias) e Malkaitz (1º… Veure més
Veure