Federación Galega de Balonmán
21/03/2017 00:00

EN ABRIL, X CAMPUS DE BALONMÁN ANTONIO VIÑAS EN LUGO

Do 9 ao 12 de abril celebrarase en Lugo a décima edición do Campus de Balonmán Antonio Viñas, que será dirixido por Manolo Cadenas. O campus vai dirixido a rapaces e rapazas nados entre os anos 2001 e 2005 e terán como técnicos a  Denis Krivohslykov (campión do mundo e olímpico coa selección rusa), Héctor Castresana (ex-xogador de Asobal) e Jorge García Vega (ex-xogador de Asobal). Todas as persoas interesadas poderán facer a súa inscrición en [email protected]. Información en: CPLUCENSE 

Veure
0 M'agrada

M'agrada
Federación Galega de Balonmán
20/03/2017 00:00

FASE FINAL PROVINCIAL BM7 ALEVÍN 26 DE MARZO EN ABEGONDO

A concesión da organización da Fase Final Provincial de Balonmán 7 foi adxudicada ás Escolas Municipais de Abegondo. A Fase Final terá lugar o vindeiro domingo 26 de marzo 2017. A Fase Final xogarase polo sistema de eliminatoria semifinais e final.

Veure
0 M'agrada

M'agrada
Federación Galega de Balonmán
19/03/2017 00:00

AS GUERREIRAS JÚNIOR COMPLETAN UNHA FASE INMACULADA EN CARBALLO

Vitoria de España sobre Lituania (27:19, 15:11 no descanso) no Vila de Noia de Carballo, na terceira e última xornada da fase clasificatoria para o Campionato de Europa de Eslovenia 2017. Resultado que certifica a excelencia do combinado español nesta rolda previa á cita continental do próximo verán. Compromiso no que o combinado español sufría o empuxe de Lituania nos primeiros minutos, algo que sucedeu no resto de partidos do equipo báltico en Carballo. Pero, superada a franxa do minuto 10 da primeira parte, a lóxica imperou sobre o… Veure més

Veure
0 M'agrada

M'agrada
Federación Galega de Balonmán
18/03/2017 00:00

A SELECCIÓN ESPAÑOLA JÚNIOR FEMININA ACADA EN CARBALLO A SEGUNDA VITORIA E A CLASIFICACIÓN PARA O EU

España certificou o seu billete para a fase final do Campionato de Europa de Eslovenia 2017 ao derrotar a Islandia (22:14, 9:6 no descanso) no Vila de Noia de Carballo, na segunda xornada da rolda clasificatoria para a cita continental do próximo verán. Resultado que, á súa vez, asegura a primeira praza do Grupo 2 para o combinado español, algo que comporta, sobre o papel, un mellor lugar no sorteo da fase final.  Compromiso no que o nerviosismo foi protagonista nos primeiros minutos para ambos os conxuntos. España asumía o control do marcador… Veure més

Veure
0 M'agrada

M'agrada
Federación Galega de Balonmán
17/03/2017 00:00

A SELECCIÓN ESPAÑOLA JÚNIOR FEMININA LOGRA CONTRA ROMANÍA O PRIMEIRO TRIUNFO DA FASE CLASIFICATORIA

Vitoria de España sobre Romanía (24:25, 12:15 no descanso) no Vila de Noia de Carballo, na primeira xornada da fase clasificatoria para o Campionato de Europa de Eslovenia 2017. Magnífica resposta do público con case mil persoas na grada. Compromiso no que o combinado español non tiña o mellor inicio de partido posible, xa que Romanía facíase co control do marcador nos primeiros minutos. Jorge Donas, de feito, tiña que parar o reloxo en menos de 10 minutos para acougar ás súas xogadoras, froito dos 4 tantos de vantaxe que cobrara o rival.… Veure més

Veure
0 M'agrada

M'agrada
Segueix tota la informació de la competició al teu mòbil iPhone o Android

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.