Federación Galega de Balonmán
17/04/2010 00:00

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE ÁRBITRO DE BALONMÁN PRAIA

P>O prazo de inscrición para o curso de árbitro de balonmán praia, promovido pola Federación Española de Balonmán e a desenvolver durante a campaña estival, está xa aberto. Todas as persoas interesadas no curso, poden poñerse en contacto co responsable de balonmán praia da Federación Galega, José Carlos de Castro, no correo electrónico [email protected]. BR>A Federación Galega de Balonmán asumirá o 50 por cento do custe do curso para todas aquelas personas que teñan licenza federativa, mentres que todos aqueles… Veure més

Veure
0 M'agrada

M'agrada
Federación Galega de Balonmán
17/04/2010 00:00

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS

P>Este ano celebrarase o primeiro Campionato Galego de Veteráns e o prazo de inscrición para os equipos participantes finalizará o próximo día 15 de maio. BR>Poderá inscribirse un equipo por cada provincia, cun máximo de vinte xogadores/as. Os conxuntos poden ser mixtos e todos/as os/as xogadores/as nados antes do ano 1975. BR>Nos documentos adxuntos, a normativa e a ficha de inscrición. /P>

Veure
0 M'agrada

M'agrada
Federación Galega de Balonmán
16/04/2010 00:00

BEGOÑA FERNÁNDEZ E FRAN TEIXEIRA, PREMIADOS POLA XUNTA DE GALICIA

P>O balonmán galego está de noraboa. Nos Premios Anuais do Deporte Galego a viguesa Begoña Fernández foi elixida como mellor deportista feminina do ano, mentres que Fran Teixeira foi elixido como mellor técnico. BR>A magnífica tempada de Begoña foi decisiva á hora de que o xurado tomase a elección. Begoña é campioa da Copa EHF e da Liga co Itxaso e recentemente foi elixida como a mellor pivote do mundo pola IHF. Na resolución tamén se destaca o seu tesón e afán de superación. BR> BR>Pola súa banda, no caso de Fran Teixeira… Veure més

Veure
0 M'agrada

M'agrada
Federación Galega de Balonmán
16/04/2010 00:00

ESTELA DOYRO, CONVOCADA POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA JUNIOR FEMININA

A xogadora do Balonmán Porriño Estela Doyro foi convocada pola Federación Española de Balonmán para formar parte da selección española junior feminina que nos próximos días xogará contra Polonia. BR>A data de concentración co equipo é o próximo 25 de abril en Madrid e ese mesmo día realizarán un adestramento. BR>Ao día seguinte partirán en dirección a Polonia (Wroclaw) o­nde disputarán dous partidos: o día 27 ás 12 horas e o día 28 ás 17 horas. O regreso está previsto para o día 29 de abril, con chegada a Madrid ás… Veure més

Veure
0 M'agrada

M'agrada
Federación Galega de Balonmán
16/04/2010 00:00

OS GALEGOS VANESSA PÉREZ E MARCOS PÉREZ ARBITRARÁN O CAMPIONATO DE EUROPA XUVENIL DE BALONMÁN PRAIA

P>Os colexiados galegos Vanessa Pérez e Marcos Pérez foron designados pola EHF para formar parte do corpo arbitral que dirixirá a primeira edición do Campionato de Europa de balonmán praia na categoría xuvenil. BR>Este torneo disputarase na localidade búlgara de Albena entre os días 16 e 18 de xullo e unha vez máis Galicia estará perfectamente representada cunha parella arbitral que amosa as súas calidades en cada competición na que participan.  /P>

Veure
0 M'agrada

M'agrada
Segueix tota la informació de la competició al teu mòbil iPhone o Android

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.