Informació de VIII Torneo Intermunicipal Ares Mugardos de Fútbol sala

Competició

Nom
VIII Torneo Intermunicipal Ares Mugardos de Fútbol sala
Esport
Futbol sala

Descripció

Reunidos en Mugardos, ás 20h. do
xoves 23 de outubro de 2014, ca comparecencia dos representantes do
equipos inscritos no torneo ( agás os representantes dos equipos
Malecón e Q-3), sendo un total de 15 o número de equipos
participantes, e acórdase o que segue:


  • Xogarase
    os mércores ( Ares ou Mugardos, comezando en Ares ata o parón de
    Nadal) en horario de 20,30 a 21,30 e de 21,30 a 22,30, xoves en
    Ares, no pavillón deportivo, en horario de 20,30 a 21,30 e de 21,30
    a 22,30; e os venres en Mugardos en horario de 20,30 a 21,30, 21,30
    a 22,30, e 22,30 a 23,30.


  • O
    Torneo comezará o 5 de novembro, mércores, en Ares. Pararase o
    torneo nas datas sinaladas como festivas, así como na época de
    Nadal, Carnavais e Semana Santa.


  • Os
    equipos poderán incorporar ata 14 xogadores de forma libre ata o
    parón de Nadal, período tras o cal non se permitirá ningún
    cambio nos planteis. Calquera incorporación nas plantillas dos
    equipos comunicarase á organización, con alomenos 48 de antelación
    ( a través do correo da organización:
    [email protected])
    , indicando si fose preciso que xogador causa baixa e/ou os datos da
    nova incorporación.


  • Lémbrase
    da necesidade de asinar a plantilla de sinaturas xunto co DNI do
    xogador antes do primeiro partido, pois doutra forma non se poderá
    xogar. Por elo estabelecese como data tope para entrega de dito
    documento de sinaturas, a disputa do primeiro encontro. Aquel
    xogador que non figure no documento non poderá xogar o partido.


  • Cada
    equipo recibirá dúas botellas de auga por encontro.


  • Prohíbese
    cuspir nas instalacións deportivas, nomeadamente na zona de
    banquiños e pista de xogo. Colocaranse uns baldes a modo de
    cuspideiras.


  • O
    Campionato desenrolarase polo sistema de liga nunha primeira fase de
    todos contra todos a unha volta. Ao rematar esa primeira fase, o
    derradeiro equipo quedará eliminado e os 14 restantes conformarán
    dous grupos cos oito primeiros para loitar polo título e os seis
    últimos pola consolación. Procederase a xogar dúas liguillas
    todos contra todos, ata rematar, xogando o 1º contra o 4º e o 2º
    contra o 3º, e xa logo os vencedores desputarán a final e os
    perdedores o terceiro e cuarto posto na liga polo título, mentras
    que na consolación só haberá final a disputar entre os gañadores
    dos cruces.


  • Haberá
    trofeos aos tres primeiros clasificados polo título, así como ao
    gañador da final da consolación. Tamén haberá distinción ao
    máximo realizador e ao equipo menos goleado.

    Establécense catro
    premios consistentes en vales en material deportivo para os catro
    primeiros clasificados ( 500-250-150-100
    € )


  • Os
    partidos constarán de dous tempos de 25 minutos a reloxo corrido,
    quedando a decisión do árbitro paralo tempo cando o crea necesario
    (pérdida de tempo, lesión, etc.). Na fase de semifinais serán de
    20 min. a reloxo parado.


  • A
    indumentaria dos equipos será da mesma cor e numeradas.


  • Á
    hora do comezo de cada partido cada equipo debe de ter cinco
    xogadores, como mínimo, para que comece o mesmo. Esperaranse dez
    minutos a contar dende que o árbitro toque o silbato e indique o
    comezo da conta dos 10 min. ( ou poña en marcha a bocina do
    pavillón ca conta regresiva). Si transcorrido ese tempo non
    comparece un equipo ou non ten ó menos cinco xogadores, dito equipo
    perderá o partido por 3-0, restaránselle 3 puntos na
    clasificación, e perderá a fianza, en caso de ser reincidente será
    expulsado do campionato.


  • Sancións:- 5
    Tarxetas amarelas, un partido de sanción.



- 1 Tarxeta vermella directa, a
criterio da organización dependendo da gravidade da acción.


  • Os
    cambios de xogadores terán que efectuarse por unha zona delimitada
    a tal efecto, no caso contrario, o infractor será amonestado con
    tarxeta amarela.


  • Nos
    banquiños non se poderán sentar persoas alleas ó equipo.


  • Se
    un equipo, por circunstancias do xogo, se quedara con 3 xogadores ou
    menos na pista,daráselle o partido por perdido 3-0 ( salvo que o
    resultado nese momento fose máis amplo).





















VIII TORNEO INTERMUNICIPAL DE
FUTBOL SALA ARES MUGARDOS 2014

Segueix tota la informació de la competició al teu mòbil iPhone o Android
Patrocinadors
CONCELLO DE MUGARDOS
Veure CONCELLO DE MUGARDOS
CONCELLO DE ARES
Veure CONCELLO DE ARES

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.