Federación Galega de Balonmán
11/05/2010 at 00:00
FALECEMENTO DO ADESTRADOR GALEGO ALEJANDRO LÓPEZ
Esta fin de semana, en todos os partidos oficiais, gardarase un minuto de silencio en honra de Alejandro López Villaverde, que finou á primeira hora da tarde de hoxe aos 51 anos de idade despois dunha longa enfermidade.
Os restos mortais do adestrador galego foron trasladados hoxe á sala número 5 do tanatorio Vigo Memorial e está prevista a incineración para o domingo 7 de novembro ás 13 horas.
Alejandro López actualmente directivo da Federación Galega de Balonmán e seleccionar galego absoluto, conta un curriculum envexable, xa que adestrou a Chapela, Academia Octavio e Cangas, e con todos eles logrou ascensos de categoría e grandes éxitos deportivos. Co Cangas incluso logrou clasificalo para Europa por vez primeira na historia do club galego. No pasado mes de maio, e coincidindo coa celebración dun partido da selección galega, a Federación Galega de Balonmán homenaxeou en Cangas ao adestrador vigués coa insignia de ouro e brillantes da institución.
Dende a Federación Galega de Balonmán, facemos chegar un aperta aos familiares do finado e compartimos á súa dor pola perda dun magnífico adestrador, persoa e amigo.