Federación Galega de Balonmán
12/06/2010 at 00:00

FINOU MIGUEL ÁNGEL PÉREZ LLORET, EX SELECCIONADOR GALEGO XUVENIL MASCULINO

Onte, día 5 de decembro, finou o adestrador e ex-seleccionador galego xuvenil masculino, Miguel Ángel Pérez Lloret. Toda a familia do balonmán galego súmase á dor da súa familia neste dificil momento, pola perda dun ser querido. Os restos mortais do adestrador e árbitro vigués foron trasladados á sala 4 do tanatorio Vigo Memorial, onde será incinerado hoxe ás 19:30 horas. A continuación, ás 20:30 horas, celebrarase un funeral na Iglesia de San Pablo. 
O adestrador galego pertence a unha familia moi ligado ao balonmán, xa que entre os seus curmáns se atopan Fran Teixeira e Chema e Sergio Cid. Miguel Ángel Pérez foi adestrador e árbitro, e na súa etapa como adestrador dirixiu, entre outros, ao Santa Cristina, Chapela e Lavadores. Ademais, tamén foi seleccionador galego xuvenil masculino.
A Federación Galega de Balonmán quere facer chegar a todos os familiares e amigos de Miguel Ángel unha forte aperta e manifiesta a súa dor pola perda dun membro da familia do balonmán galego, que loitou por facer dia a día máis grande este deporte.
 
 
 
 
0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.