Federación Galega de Balonmán
12/13/2010 at 00:00
Head

O BALONMÁN GALEGO RECORDOU A ALEJANDRO LÓPEZ E MIGUEL ÁNGEL PÉREZ NA GALA 2010

A familia do balonmán galego reuniuse o venres 10 de decembro para celebrar os éxitos do ano 2010 e tamén para lembrar aos que xa non están con nós. A gala tivo momentos para a emoción cando todos os asistentes recordaron aos recentemente desaparecidos Alejandro López e Miguel Ángel Pérez Lloret, pero tamén para o humor. Sen dúbida foi unha noite de compañerismo e reencontro, no que o Mundial de balomán 2013 estivo moi presente, xa que Vigo opta a ser unha das sedes.
Na gala estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o presidente da Federación Española de Balonmano, Juan de Dios Román; o concelleiro de Deportes de Vigo., Xabier Alonso; o deputado de Deportes, José Enrique Sotelo e o presidente da Galega, José Luis Pérez Ouro, entre outras personalidades.
Os momentos máis emotivos foron a entrega da insignia de ouro da Federación a Jorge Valcárcel e dos premios Alejandro López. A súa viuva recibió a insignia de oro da Federación Española de Balomán e participou na entrega dos premios que dende xa reciben o nome do seu marido.
0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.