Federación Galega de Balonmán
11/26/2012 at 00:00

XUNTANZAS DE CLUBES

XUNTANZAS DE CLUBES

 

Na última reunión preparatoria das competicións provinciais os clubes da provincia acordaron de forma unánime reunirse para pór ideas en común e realizar peticións conxuntas que beneficien a todos os clubes, principalmente coa finalidade de procurar o bó funcionamento das competicións e garantír unha maior repercusión nas institucións o­nde se presenten ditas solicitudes, ademáis de fomentar o bó ambiente e as relacións cordiais entre todos clubes da provincia.

 

Os presentes decidiron reunirse o martes 27 de novembro en dous lugares distintos para favorecer a presencia de todos os clubes, deste xeito as convocatorias son:

 

-Martes 27 de novembro ás 20:30 horas na sala de xuntas do complexo deportivo Elviña en A Coruña, confirmaron a súa asistencia: OAR, BM Ártabro, Escolas Balonmán Tito Villar, Arteixo, Culleredo.

 

-Martes 27 de novembro ás 20:30 horas en Santiago de Compostela, chamar a 669 948 262 [Gregorio] para confirmar o lugar. Confirmaron asistencia: Ribadosar, Conxo e Xallas.

 

 

Os clubes solicitaron á delegación que difundise os horarios destas xuntanzas para que todos os clubes se animasen a ir, asi que mediante este anuncio damos por avisados a : Narón, Pontedeume, Abegondo, Tirso, Ferrolterra, EB Xiria e Camariñas, non presentes na reunión do pasado luns.

 

0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.