Federación Galega de Balonmán
11/15/2016 at 00:00

Acta da Reunión Provincial de Clubes do 14 de novembro 2016

ACTA - (14/11/2016)En A Coruña, sendo as oito e media da tarde do día catorce de Novembro de2016, reúnense os seguintes asistentes na sede social do Balonmán Ártabro, para tratar aorde do día previamente enviada aos clubs:ASISTENTES:Bruno López Molina: Delegado A CoruñaLaura Barrio Balseiro e Mª del Carmen Martínez Otero: Representantes BM NarónIván Pan Mata: Representante Bm Arteixo e Bm Culleredo.Eugenio Gómez Abal: Representante do Club Balonmán ÁrtabroAlejandro Seijo Rivas: Representante do Bm Oleiros.José Porras Pose: Representante do OAR.Jairo Bello Vidal e Juan J. Fernández Romero: Representantes EM Abegondo.Óscar Marrero García: Representante Liceo.Miguel A. Barbeira García e Juan C. Lois Pastoriza: Representantes BM Xallas.Ábrese a reunión:Bruno López deu a benvida e desculpou aos clubs: Pontedeume, Ribadosar, Arteixo e EM Xiriaque avisaron da imposibilidade de asistir á reunión. Máis tarde comezou coa orde do día:LICENCIAS: Bruno López realizou un breve resumo da situación actual do proceso detramitación de licencias facendo especial mención a que nas categorías provinciais tan só catroclubs teñén enviada toda a documentación en tempo e forma para realizar os trámites necesariospara federar a todos os xogadores, Bruno López rogou a todos os presentes que nun prazomáximo de 7 días intenten pechar o tema, xa que de non ser así o comité de competición teráque actuar. Tamén se desculpou cos clubs que cumpliron en tempo e forma polo retraso naimpresión das licencias, xa que por mor dos cambios que está a sufrir a delegación este procesoestá a levar máis tempo do esperado. Con respecto ás licencias de categoría provincial deixouseclaro que os clubs que teñan equipos en balonmán 7 e balonmán 5, deben tramitar as licenciasdos equipos de Balonmán 5 e enviar un listado dos integrantes dos equipos de Balonmán 7.Insistiuse nos últimos mails recibidos dende a central de Vigo requerindo documentaciónrelativa aos clubs que participan nas competicións de 2ª Infantil Masculina e Feminina;deixando claro que si a documentación destas categorías non está completa antes do mércores23 de novembro, darase traslado ao comité de competición. Bruno López pediu por favor quenon se envíen mails con documentación incompleta, que se espere a completar e despois seenvíe co obxetivo de facilitar a tramitación das licencias.COMPETICIÓN E MUTUALIDADE PREBENXAMÍN: Bruno López solicitou aos clubs queenvíen por mail un listado dos xogadores prebenxamíns, xa que a delegación de A Coruña será aencargada de mutualizalos.En canto á competición, trasladou a dificultade para realizar unha comptición de carácter regularna que coincidan os desprazamentos de varias categorías debido ao gran número de partidos quehai cada fin de semana en cada sede de minibalonmán, deixando claro que a posibilidade máisfactible era facer coincidir a competición coa de Balonmán 7.Jairo Bello falou da importancia desta competición, comentando que aínda que non se realicenmoitas xornadas si é importante que os nenos e nenas compitan.Fran Puga insitiu no espírito da competición, insistindo que a principal finalidade é a diversióndos máis pequenos, por eso debe haber máis persmisibilidade no regulamento e non supor ungasto engadido aos clubs, na medida do posible debe facerse coincidir con outras categorías.Bruno López comentou que a previsión de equipos era de 13 (9 Este e 4 Oeste):1. Galán2. Culleredo A3. Culleredo B4. Abegondo A5. Abegondo B6. Liceo A7. Liceo B8. OAR9. Ártabro10. Calvo Xiria A11. Calvo Xiria B12. Camariñas A13. Camariñas BFinalmente a maioría dos asistentes aprobaron a mesma normativa da tempada 2015/16 edeixaron en mans da delegación o envío dunha proposta de competición que aínda que nonrespete un formato claro sí asegure unha xornada cada mes o máis atractiva posible. BrunoLópez comprometiuse a enviala a finais desta semana tras realizar un estudio dos calendarios.COPA BENXAMÍN BM 7: Bruno López comentou que esta competición ofertouse porquehabía clubs que a demandaban, pero que este ano o número de inscritos era de 4 equipos e tendoen conta que a final autonómica desta categoría se disputará no formato de minibalonmán creíaque era mellor esperar ao mes de marzo para retomar o tema, xa que a competición deminibalonmán remata moi tarde e ao mellor realizando unha xornada por concentración haimais equipos interesados en participar. Por unanimidade se aceptou a proposta, aínda queAbegondo e Ártabro deixaron clara que a eles sí lles parecía interesante esta competición.SITUACIÓN ARBITRAXES 16/17: Bruno López presentou un breve informe da situaciónarbitral actual na provincia elaborado por Aurelio F. Barreiro (responsable desta área ); ademáiscomentou o comunicado sacado pola federación deixando claras as diferencias entre os árbitrosdo comité galego de árbitros e os do proxecto Colabora; o delegado aproveitou para solicitarcolaboración dos presentes para levar a cabo este proxecto, que aínda que non terá unhacompensación económica directa por parte da federación para os que participen nel, si tratará devender o mundo arbitral dende unha perspectiva diferente e máis próxima aos adestradores, aresposta dos presentes foi moi boa, opinando e ofrecendo axuda, aínda que se deixou clara adificultade para atopar xente; algún dos presentes comentaron que os seus clubs posiblementelle abonasen unha cantidade por partido aos membros do proxecto que arbitren as xornadas dealevín e benxamín. O proxecto presentarase ao longo desta semana.PROBLEMAS HORARIOS GRUPO ESTE (ALEV/BENX): Laura Barrio abriu este temadeixando claro que depois dos último acontecementos, Narón solicitaba ser sede dalgunha dasxornadas que restan de competción, os presentes apoiaron a proposta e clubs coma: OAR,Abegondo e Culleredo facilitaron a cesión dunha das súas xornadas en caso de ser necesario.Bruno López quedou pendiente de revisar o calendario e modificar as sedes para que Narón ePontedeume poidan celebrar alguna xornada.Juan Fernández pediu seriedade por partes dos clubs en canto aos acordos tomados na reuniónpreparatoria das competicións sobre todo no referente aos horarios. Bruno López agradeciu aoLiceo e a EM Abegondo as facilidades aportadas para resolver os problemas da semana anterior.Dende a delegación por petición dalgúns clubs ofreceuse a posibilidade de xogar os venresnalgunhas competicións, proposta que foi rexeitada por unanimidade a non ser que haxa acordoentre os clubs implicados.Dende o OAR solicitouse información ao respecto do horario que afecta ao seu equipo de 2ªInfantil Masculina no encontro contra Ferrolterra por icumplir a normativa; Bruno Lópezquedou de arranxalo ao día seguinte falando con Ferrolterra.ROGOS E PREGUNTAS: Tratáronse temas individuais e de xeito privado ao remate daxuntanza. Ás 22:20 pechouse a sesión.A Coruña, a 14 de novembro de 2016Bruno López Molina(Delegado Provincial A Coruña da FGB)
0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.