Federación Galega de Balonmán
05/22/2017 at 08:45
Head

Escapouse o ascenso á División de Honra prata para os nosos representantes

Os nosos equipos Construcciones Castro Porriño e Calvo Xiria non tiveron sorte na fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina. O BM Porriño, que xogaba en casa, rematou na cuarta posición, con dúas derrotas e un empate. Pola súa banda, o Xiria foi terceiro no sector celebrado en Lanzarote (dúas derrotas e un triunfo).

Sector II. O BM Porriño comezou o sector contra os Dólmenes, que foi o club que acadou o ascenso con tres vitorias. O BM Porriño perdeu por 20-30. Na segunda xornada caeu de forma moi apertada contra O BM Santoña (20-21) e rematou o sector cun empate co Trapagarán (29-29).

Sector III. Pola súa banda, o Calvo Xiria perdeu o primeiro partido contra o conxunto local do Ca´Mario Lanzarote (27-22), gañou BM Elche (25-26) e foi derrotado polo KH-7 Granollers (26-34).


Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.