
Federación Galega de Balonmán
05/25/2017 at 09:24
O domingo 28 de maio, adestramento das seleccións provinciais de Pontevedra alevín mixta e infantil masculina
En Pontevedra tamén continúa a preparación das seleccións provinciais. Esta fin de semana descansa a selección infantil feminina, pero haberá sesión de traballo para a alevín mixta e a infantil masculina. O conxunto infantil está citado o domingo 28 de maio, ás 17:30 horas, no Pavillón do Carballal, mentres que o alevín mixto ten que presentarse no Pavillón Municipal de Redondela (16:30 horas).
Nos documentos adxuntos, tedes as convocatorias.