
Federación Galega de Balonmán
05/30/2017 at 10:33
O xoves 1 de xuño, presentación do Campionato Galego de Balonmán Praia 2017
O xoves 1 de xuño (20:30 horas) celebrarase a presentación do VII Campionato Galego de Balonmán Praia, que se disputará este verán. No acto de presentación, que se celebrará no salón de actos da Casa do Deporte de Vigo, darase a coñecer toda a información sobre o devandito campionato.
Nos archivos adxuntos tedes os documentos a cumplimentar para realizar a inscrición no Campionato Galego de Balonmán Praia 2017, así coma o número de conta para o ingreso do seguro deportivo. A cota do seguro segue sendo a mesma ca do pasado ano (12 euros).