
A galega Paola González, delegada da EHF na final masculina do Campionato de Europa de Clubs de Balonmán Praia
A galega Paola González foi a delegada federativa da EHF na final masculina do Campionato de Europa de Clubs de Balonmán Praia (EBT Finals 2017), que se celebrou a pasada semana en Gaeta (Italia). A nosa delegada amosaba a súa satisfacción polo traballo desenvolvido neste importante torneo no que ademais foi a única delegada española." A verdade é que estou moi contenta porque recibín moitas felicitacións e a experiencia de representar a España nunha final foi incríble".
Ademais a Paola tamén lle asignaron a semifinal feminina, na que participaba o Alxeciras, que ao final logrou proclamarse campión de Europa. Tras esta experiencia, a galega xa pensa no próximo reto: "Agora preparándome para o EURO en Croacia que se celebra en xuño, a seguir traballando e mellorando".
A vida de Paola cambiou moito nos últimos meses. A finais do pasado ano logrou converterse na primeira galega delegada federativa da EHF en balonmán praia e agora xa foi designada para unha final. Noraboa a a seguir medrando!