Federación Galega de Balonmán
06/08/2017 at 16:19
Head

O domingo 11, Campionato Galego de Seleccións Provinciais en Lalín

Aproximadamente 230 deportistas competirán o 11 de xuño no XIVº Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán polo título de campión galego, unha das citas máis especiais da tempada, xa que podemos gozar cos  xoves talentos das categorías alevín e infantil do balonmán galego. Ademais do deporte, tamén é unha xornada de convivencia para os rapaces e para as súas familias, o que fai deste encontro unha xornada única.

Outro dos encantos deste torneo é que se desenvolverá en Lalín e nun recinto emblemático, o Lalín Arena, que foi inaugurado pola selección española de balonmán. Así os pequenos poderán xogar nunhas magníficas instalacións e os seus seguidores, seguilos dende as gradas.


Os equipos estarán formados por 14 xogadores/as e un máximo de tres oficiais (adestrador, axudante e delegado), e serán o resultado das preseleccións celebradas en cada provincia onde se seleccionan aos mellores xogadores de cada categoría. 


Infantil Masculina: Formada por rapaces nados nos anos 2003 e 2004. Agás as provincias de A Coruña e Pontevedra que estarán preferiblemente formadas tan só polos nados no 2004 ou xogadores de segundo ano da categoría inmediatamente inferior.


Infantil Feminina: Formada por rapazas nadas nos anos 2003 e 2004. Agás as provincias de A Coruña (si é posible) e Pontevedra que estarán formadas tan só polos nados no 2004 ou xogadoras de segundo ano da categoría inmediatamente inferior.


Alevín Mixta: Formada por nenos e nenas nados nos anos 2005, 2006 e 2007, independenemente da provincia. Todas as selección deben ser mixtas, a composición debe permitir que durante os dous primeiros tempos sempre haxa representación dos dous sexos en pista (agás no caso de que nalgunha provincia haxa unha causa xustificada).

2016. O pasado ano, e tamén en Lalín, Pontevedra proclamouse Campioa Galega nas tres categorías (infantil masculina, infantil feminina e alevín mixta).

Name Size Date
Look IM Pontevedra 188.41 KB 06/09/2017
Look IM Lugo 201.14 KB 06/09/2017
Look IM Coruña 186.94 KB 06/09/2017
Look IF Pontevedra 183.35 KB 06/09/2017
Look IF Lugo 199.72 KB 06/09/2017
Look IF Coruña 184.38 KB 06/09/2017
Look AM Pontevedra 188.52 KB 06/09/2017
Look AM Lugo 194.87 KB 06/09/2017
Look AM Coruña 176.62 KB 06/09/2017
Look Autorización paterna 84.66 KB 06/09/2017
Look Dossier 979.19 KB 06/09/2017
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.