
Waterfuckers 2.0 feminino e PTV HandStrand masculino, campións galegos de balonmán praia
Waterfuckers 2.0 (feminino) e PTV HandStrand (masculino) proclamáronse onte en Nigrán campións galegos de balonmán praia, nunhas finais moi apertadas e disputadas.
O Waterfuckers 2.0, que está a facer unha tempada redonda, eliminou nas semifinais a As Espartanas (2-0) e tivo que enfrontarse na final a El Bunga. Foi un choque moi axustado, que se tivo que decidir nos shoot-outs. O primeiro set foi para o Waterfuckers por 20-19, mentres que o segundo caeu do lado de El Bunga (16-17). Nos penaltis, 4-3 a favor do Waterfuckers 2-0.
Na categoría masculina o PTV HandStrand acadou o terceiro campionato galego (2013, 2015 e 2017). Na semifinais superou aos Panchitos tamén nun axustado partido, e na final veuse as caras conra o BMP Sin Semilla. O HandStrand sumou o primeiro set de forma clara (20-10), pero caeu no segundo tamén con rotundidade (12-26). Novamente, o vencedor tivo que decidirse nos shoot-out e o título foi para o equipo pontevedrés (7-4).
Na categoría xuvenil, triunfo del BMP Pescados, tanto na categoría masculina coma feminina. O equipo masculino gañou na final ao CSG, mentres que o feminino superou ao AC Kaló Painkillers.
Os vencedores noutras categorías foron:
Cadete: Veba os da Jrada (masculino) e BMP Pescados.
Infantil: Luceros Galicia Express (masculino) e Luceros VR.
Alevín mixto: Luceros Chapecoense.