
En marcha o Campionato de España de Balonmán Praia en Laredo
O venres 4 de agosto comezou en Laredo o Campionato de España de Balonmán Praia das categorías sénior, xuvenil, infantil e cadete coa presenza de case douscentos equipos, entre os que se atopan varios conxuntos galegos nas diferentes categorías. Ademais dos equipos, hai que destacar a presenza da galega Paola González (delegada federativa) e dos árbitros Alberto Rodríguez e Carlos Alonso.
PTV HandStrand -actual campión galego- e Painkillers compiten en sénior masculino, mentres que AC Kalo Painkillers participa en sénior feminino.
En xuvenil temos a AC Kalo (feminino) e PTV HandStrand, CSG e BMP Pescados (masculino). Ademais tamén haberá representación galega nas categorías cadete masculino (Painkillers), cadete feminino (AC Kaló Painkillers) e infantil masculino (Servisub Area Bueu).
Podedes seguir o campionato de España no seguinte enlace: