Federación Galega de Balonmán
08/16/2017 at 16:11 · Iº TORNEO BALONMÁN HERBA CONCELLO DE VIGO
Head

Iº Torneo Balonmán Herba Concello de Vigo

Con motivo da celebración da Supercopa de España sábado 2 de setembro, a Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, celebrará o Iº Torneo de Balonmán Herba Concello de Vigo.

No torneo, que se levará a cabo no campo de fútbol de As Travesas poderán participar todos os equipos interesados das categorías: infantil masculina, infantil feminina e cadete feminina.

Todos os xogadores/as asistentes contarán cunha invitación para asistir á Supercopa de España que se celebrará ás 18:00 horas no mesmo complexo deportivo, e que enfrontará ao Mecalia Atlético Guardés (actual campión de liga) e ao Rocasa Gan Canaria ACE (actual campión de copa).

O torneo de balonmán herba, ademáis de supoñer unha experiencia diferente para os xogadores e xogadoras, esperamos que sirva de posta a punto para a tempada 17/18; o evento estará rodeado dunha montaxe pensada para a diversión dos asistentes: stands de roupa deportiva, postos de comida e bebida, xogos,...; un marco de ocio para que todos os xogadores, xogadoras e acompañantes poidan desfrutar dun día enteiro de festa e de moito balonmán.

Os equipos poden escribirse neste mesmo enlace antes do 30 de agosto:

Inscrición Equipos

o número máximo de equipos será de oito por categoría e por rigurosa orde de inscrición.

0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.