
O domingo 22, adestramento das preseleccións galegas en Pontevedra e Redondela
Continúa o traballo de preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais infantil, cadete e xuvenil (masculino e feminino) do ano 2018. As nosas preseleccións galegas están citadas o próximo domingo 22 de outubro para realizar unha nova sesión de traballo en Pontevedra e Redondela.
A selección infantil feminina adestrará o domingo 22 ás 18:30 horas na Bombonera de Redondela, e neste mesmo pavillón pero ás 16:30 horas terá a súa sesión de traballo o combinado galego cadete feminino.
O resto dos equipos adestrarán no Pavillón Multiusos de Pontevedra. As seleccións infantil masculino e xuvenil masculino adestrarán ás 16:30 horas, mentres que os combinados cadete masculino e xuvenil feminino están convocados ás 18:30 horas.
A continuación tedes as convocatorias e o plan de traballo.