Federación Galega de Balonmán
06/07/2018 at 18:02
Head

Esta fin de semana comeza o Campionato Galego de Balonmán Praia co torneo Cidade de Vigo

Esta fin de semana (do 8 ao 10 de xuño) comeza a oitava edición do Campionato Galego de Balonmán Praia coa celebración do Torneo Cidade de Vigo na praia de Samil.

Serán tres días de competición con preto de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), e nos que poderemos gozar cos mellores conxuntos galegos de balonmán praia. Así neste primeiro torneo competirán as dous campións galegos sénior do pasado ano, o PTV HandStramd e o Veba Waterfuckers.

Será a primeira proba do campionato Galego, que está formado por sete torneos clasificatorios (Vigo, Chapela, Redondela, Poio, Marín, A Guarda e Nigrán) e a gran final (Bueu). Un ano máis o balonmán praia levanta unha enorme expectación e crece en seguidores e practicantes dunha forma increíble. 


Name Size Date
Look CALENDARIO_PROVISIONAL_VIGO_2.pdf 1.31 MB 06/07/2018
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.