
Federación Galega de Balonmán
11/14/2018 at 12:38
Adestramento da preselección galega cadete masculina en Redondela
A preselección galega cadete masculina tamén continúa co traballo de preparación cara ao Campionato de España. Desta forma, terán unha sesión de traballo o domingo 18 de novembro, ás 18:30 horas, no Pavillón Municipal de Redondela (“Bombonera”).
Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.